28 ene 2013

Preparando o Entroido

Este ano o entroido celébrase os días 11, 12 e 13 de febreiro. No colexio imos celebralo o venres anterior, 8 de febreiro, en horario escolar. Faremos un pequeno desfile polas rúas do Chao e para elo os nenos e nenos virán disfrazados atendendo ao tema do Proxecto deste curso "O MAR":

  • Infantil de Piratas
  • 1º ciclo de Sereas e Neptunos
  • 2º ciclo de Mariñeiros e Pescantinas
  • 3º ciclo de Deportes Náuticos

Ademáis faremos unha chocolatada que acompañaremos cunha degustación de larpeiradas de entroido (filloas, orellas, rosquiñas...) que cada neno/a traerá da súa casa.

Tamén levaremos a cabo a actividade:  O MECO manda...


Queremos comunicarvos tamén que, este ano para recaudar fondos para as excursións, faremos rifas que venderán os alumnos e alumnas do 3º ciclo, para sortear 3 grandes cestas entroideiras. Os premios coincidiraán coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE: 1º premio (sorteo do 11 de febreiro do 2013), 2º premio (sorteo do día 12 de febreiro) e 3º premio (sorteo do día 13 de febreiro).

27 ene 2013