18 feb 2015

Sorteos das cestas entroideiras

Para ver os números premiados podemos entrar na páxina da ONCE.
 Clica na imaxe

http://www.resultados11.es/

O agraciado ou agraciada que teña a papeleta co número coincidente coas
catro últimas cifras

1º premio: luns, 16 febreiro      4416
2º premio: martes, 17 febreiro      0713
3º premio: mércores, 18 febreiro      7727

Poden pasar polo colexio a recoller as cestas.   NORABOA!!!

14 feb 2015

Festa de Entroido no Colexio

O venres, 13 de febreiro, celebramos a nosa particular Festa de Entroido no Colexio.
Houbo chocolatada, larpeiradas, desfile de disfraces, xogos e cancións. 
Que ben o pasamos!

12 feb 2015

Máis traballos entroideiros

Neste vídeo presentamos os murais realizados nas diferentes aulas de infantil e primaria e que fan referencia aos alimentos propios do Entroido.
Tamén podemos ver os diferentes modelos de antifaces e caroutas que elaboraron todos os nenos e nenas tanto de infantil coma  de primaria.


Traballos sobre o ENTROIDO

Libriño de 5º de Infantil:


Caroutas e Murais:

10 feb 2015

Cestas de Entroido

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso foron os encargados de pedir a colaboración das diferentes empresas, tendas, particulares...e con todo o que conseguiron fixéronse as tres cestas entroideiras que se sortearán os días 16, 17 e 18 de febreiro.
As rifas xa están á venda. O que máis compre terá máis oportunidade!!!



9 feb 2015

O MECO MANDA



 Durante a semana do 9 ao 13 de febreiro O MECO MANDA...



4 feb 2015

Cancións para o Entroido 2015

Na seguinte presentación podemos aprender as letras das cancións que imos cantar no Entroido



Estas son as músicas

Preparando o ENTROIDO

Este ano o entroido celébrase os días 16, 17 e 18 de febreiro. No colexio imos celebralo o venres anterior, 13 de febreiro, en horario escolar. Faremos un pequeno desfile polas rúas do Chao (se o tempo o permite, senón farémolo no Pavillón do colexio) e para elo os nenos e nenos virán disfrazados atendendo ao tema do Proxecto deste curso "ALIMÉNTATE BEN", polo que cada neno ou nena virá disfrazado/a libremente seguindo o tema.


    Ademáis faremos unha chocolatada que acompañaremos cunha degustación de larpeiradas de entroido (filloas, orellas, rosquiñas...) que cada neno/a traerá da súa casa.

    Tamén levaremos a cabo a actividade:  O MECO manda...


    Queremos comunicarvos tamén que os alumnos e alumnas do 3º ciclo, para recaudar fondos para as excursións, venderán rifas  para sortear 3 grandes cestas entroideiras. 
    Os premios coincidirán coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE: 1º premio (sorteo do 16 de febreiro), 2º premio (sorteo do día 17 de febreiro) e 3º premio (sorteo do día 18 de febreiro).

    2 feb 2015

    Cancións para este Entroido

    O Coro do Colexio xa está ensaiando as cancións para o ENTROIDO 2015.
    O tema escollido é o do Proxecto: ALIMÉNTATE BEN
    Por iso as letras das dúas cancións:
    UNHA ORQUESTRA DIVERTIDA
    PARA CRECER DEBEMOS COMER
    fan referencia aos alimentos e todo o relacionado coa alimentación.


    1 feb 2015