14 mar 2017

Entrega da 3ª cesta entroideira



A familia da nosa alumna Paula Ramos foi agraciada coa 3ª cesta entroideira. Noraboa!
Seguimos á espera da rifa do 2º premio.
A rifa para o 1º premio non foi vendida.

6 mar 2017

Sorteo das cestas entroideiras

Desixamos aquí os números premiados no sorteo da ONCE, para levar as Cestas Entroideiras que prepararon os nenos e nenas de 5º e 6º, como actividade para recaudar fondos para a súa excursión de fin de curso.
  • O número do sorteo do 1 de marzo levará a 1ª cesta, 
  • O número do sorteo do 2 de marzo levará a 2ª cesta,
  • O número do sorteo do 3 de marzo levará a 3ª cesta.

24 feb 2017

E chegou o día da gran festa no colexio!


Hoxe, a partir da hora do recreo, tivemos unha gran festa no cole:
  • Comimos larpeiradas e chocolate quentiño feito con moito cariño por Enrique. Estaba todo boísimo!
  • A continuación fixemos un desfile por todo o barrio do Chao. As nosas familias agardábannos con moita espectativa e ilusión.
  • Xa no patio do colexio cantamos as cancións que preparamos esta semana para animar o Entroido: A maxia do Carnaval, Canción do Entroido e Os pintores.
  • Por último fixemos bailes e xogos. Que ben o pasamos!
Nos seguintes vídeos podemos ver un resumo desta gran festa.


Tempo de Entroido en Infantil


15 feb 2017

Cartel do Entroido 2017


Cestas Entroideiras

E como en anos anteriores, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso, para recaudar fondos para as excursións, venderán rifas  para sortear 3 grandes cestas entroideiras. 
Os premios coincidirán coas últimas catro cifras dos sorteos da ONCE: 1º premio (sorteo do 1 de marzo), 2º premio (sorteo do día 2 de marzo) e 3º premio (sorteo do día 3 de marzo). 

8 feb 2017

Preparando o Entroido

O venres, 24 de febreiro, festexamos o Entroido. Como parte desta celebración faremos unha degustación de postres típicos destas datas, para a cal cada alumn@ aportará unha pequeniña cantidade de calquera deles, para posteriormente compartir entre tod@s. As bebidas poñémolas nós!
Ademáis, non vos podedes perder os disfraces deste ano, que deberán estar relacionados coa pintura. Realizaremos un desfile pola zona do Chao, se o tempo o permite, para que podades admirarnos.



CONSIGNAS MECO  2017

Amasando as orellas,
florecen os salgueiros,
arrecenden as filloas,
o entroido está moi preto.

O LUNS o Meco manda,
actúa con presteza,
adorna o teu corpo,
trae algo na CABEZA.

O MARTES xa é chegado
o entroido ven con gozo
non sexas renegado
trae algo no PESCOZO.


Agora vai o MÉRCORES
non quites o que xa tes
e xunto a todo isto
trae algo tamén nos PÉS.

Recorda para este XOVES
non vir a cara lavada,
adornada con boas cores
traerás a CARA pintada.

O VENRES é festa grande
comeremos larpeiradas,
pasearemos disfrazados
Viva o Entroido! Festa rachada!

7 feb 2017

Cancións para o Entroido 2017

Este ano a temática do noso Entroido é sobre a pintura: pintores, cadros...




ENTROIDO 2017