15 feb 2018

Rematamos o Entroido!

O Enterro da Sardiña en Viveiro carazterízase pola súa tradición e espectacularidade. Celébrase o Mércores de Cinza, último día dos festexos do Entroido. 
A sardiña representa o Entroido e vai acompañada cun  séquito fúnebre ataviados  con túnicas brancas, turbantes e abelorios. Ao longo de todo o percorrido, polas rúas de Viveiro, entóanse varias cancións propias do noso Entroido.
No colexio de Celeiro fixemos tamén o Enterro da Sardiña. Ataviados con roupas brancas, turbantes... disfilamos polas rúas do Chao cantando as cancións que preparamos para a ocasión. Ao rematar queimamos a sardiña no patio do colexio en presencia das "choronas e autoridades que nos acompañaron".
No vídeo podemos ver unha pequena reportaxe